18/3/15

Presentación de Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros, este venres ás 19.30h na Área Panorámica

Aquí vos deixamos unha presentación deste libro feita polo círculo de lectores e tamén dicirvos que se estades interesados, o venres ás sete e media da tarde o seu autor, Pepe,  presentará o libro na Área Panorámica de Tui.
 “Detras de todas estas «argalladas» latexa un compromiso coa defensa da natureza e sobre todo un devezo profundo de recuperación e posta en valor do xoguete popular e tradicional. Os trinta xoguetes, propios da primavera-verán, acompáñanse de ilustracións realizadas a lapis e de textos explicativos que dun xeito didáctico e práctico ensinan como construír un guerreiro de landra, un gorro de follas de castiñeiro ou unha boneca de papoula, entre outros.”

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...