30/1/13

Día Escolar da Paz

A través do blog do departamento de orientación do noso instituto chegounos este vídeo:


 


E tamén


a recomendación deste libro para falar  dos dereitos humanos mediante contos:


A aventura humana é unha recompilación de trinta contos populares que corresponden a cada un dos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. Os dous textos consensuados, o legal e o imaxinativo irmándanse cunha ilustración que os acompañará no propósito de transmitir aqueles valores tan necesarios de recordar e aplicar, como os da Declaración de 1948. O diálogo entre as tres fontes, tradición popular, artigos e ilustracións simboliza a fraternidade e unidade dentro da diversidade da humanidade.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...