27/4/11

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.


 Este é un fermoso poema do seu derradeiro libro Poesía última de amor e enfermidade. Lois Pereiro explica este poemario na entrevista que lle fixo Ana Romaní, na Radio Galega. Podedes escoitala aquí.
  
Se queredes saber máis sobre o poeta, entrade no seguinte enlace e ide navegando pola páxina: Lois Pereiro

1 comentario:

biblosvivos@gmail.com dijo...

Xa ves Celita que ando de visita polo voso blog. Encántame a poesía de Lois Pereiro e o traballo do blog.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...