2/6/10

50 anos de pop, rock e malditismo na música galega (Toxosoutos, 2010)

Fernando Fernández Rego, profesor deste centro, publica o primeiro libro que recompila o mellor do pop-rock galego desde a súa alborada. Un percorrido pola historia dos grupos musicais galegos desde Os Tamara ata os máis recentes. O traballo reúne a discografía completa con enriquecedores comentarios e anécdotas. Un doble CD acompaña o texto dando a posibilidade ao lector de escoitar algúns dos temas fundamentais do xénero.


O libro constitúe unha base de datos dos grupos imprescindibles da música galega dende os anos 60 do século pasado, coa súa biografía e discografía comentada. Nesa recopilación participan, ademais do autor, especialistas como Antonio de Los Cafres, Jesús Ordovás (o de Diario Pop), Emilio José, Xavier Valiño e outros.


O dobre CD inclúe temas de Apeiron, Emilio José, Novedades Carminha, Triangulo de Amor Bizarro, Franc3s, Sevigny, The Homens, Quant, Roger de Flor, Niño y Pistola, Maryland, Igloo, Holywater etc.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...