28/4/10

DÍA DO LIBRO


Este ano celebramos o DÍA DO LIBRO compartindo libros, compartindo lecturas.
Entre todos os centros de ensino do noso concello e a Biblioteca Pública de Tui fixemos un tapiz de libros diante da Catedral, na Praza de San Fernando. 

O alumnado do noso centro leunos un conto de Delibes, La voluntad, e recitounos poesías de Miguel Hernández coa música de frauta, violín ou saxo de acompañamento. 

Resultou moi emocionante e gratificante comprobar que todos os centros fomos quen de implicarnos nunha mesma actividade. Agardamos novas ocasións para compartir máis e mellor. Déixovos testemuña gráfica do evento.



 

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...