23/6/08

Un país, unha cultura, un libro

Non foi fácil pero por fin viron a luz os murais do traballo Un país, unha cultura, un libro. Tratábase de buscar e seleccionar información a partir do país dalgún dos nosos alumnos ou alumnas.
En principio propúxose traballar nas titorías e en Proxecto interdisciplinar pero, ao final colaboraron, nalgúns casos, profesoras do equipo da biblioteca porque unha hora de titoría non dá para moito.
Pódese mellorar, para o próximo curso quizais conveña programalo a través de varias materias, pero ao final todos aprendemos e descubrimos cousiñas dos países orixes do noso alumnado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pero que bonitos quedaron os murais!!!!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...