22/4/08

Correlingua 2008 no Baixo Miño


Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país.É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
En Galego Cabe Todo foi o lema escollido para a presente edición, facendo referencia á capacidade das memorias dos Mp3 e I-pods, onde todo o que se faga en galego ten cabida e, por tanto, trasladando que na nosa vida diaria, en todas as nosas actividades o noso idioma pode estar presente.
Na presente edición do Correlingua incorporouse o A Polo Ghit do Correlingua en colaboración coa Radio Galega e Vieiros. O Ghit do Correlingua 2008 buscouse entre 51 grupos de música galega, que o alumnado tivo a oportunidade de descargar da páxina web do Correlingua e votar. Resultou elexido o grupo Sínefres de Boiro, que actuará en 8 das festas finais do Correlingua. En outras 5 festas actuará o Xabarín Club da TVG. En todas as vilas e cidades nas que se celebra o Correlingua, desenvolveranse espectáculos teatrais que contarán coa participación de Touriñán e Marcos, de Ppablo e os Ghazafellos, ou do Grupo Chévere, entre outros.

Máis información: http://www.correlingua.org/


CALENDARIO CORRELINGUA

Pontevedra 13/05/2008 Pontevedra
Vigo 14/05/2008 Vigo
Baixo Miño 15/05/2008 Salceda de Caselas
Ribeira Sacra 15/05/2008 Monforte de Lemos

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...