20/4/08

Adiviña quen é

Se chegastes ata aquí é que estades interesados en SABER. En saber cales son as gañadoras e gañadores do concurso "ADIVIÑA QUEN É". Ou en saber que era iso de "Avenida concordia" ou quizás porque algún que si estivo interesado vos falou deste blog.
Emprendemos un novo proxecto, a Biblioteca do Francisco Sánchez abre un blog. Quixeramos que fora un pequeno escaparate do que aquí facemos uns e outros, un punto de encontro entre vós e o equipo da Biblioteca e, de cando en vez, un medio de difusión de noticias relacionadas co mundo da lectura e do SABER. Estaremos encantados e encantadas de recibir os vosos comentarios, as vosas colaboracións ou de que nos visitedes.
Efectivamente, o noso personaxe era O ASTRÓNOMO COPÉRNICO. Temos información sobre el nestes enlaces:


E agora, por fin a relación de gañadoras e gañadores do concurso:
  • 1º PREMIO (LIBRO E DVD): Valeria Romero de 4ºESOC
  • 2º PREMIO (LIBRO E CD): Miriam Asensio de 3ºESOB
  • 3º PREMIO (LIBRO): Adrián González de 4ºESOC
  • 4º PREMIO (MOCHILA): Vanesa Alén de 3ºESOB
  • 5º PREMIO (MOCHILA): Jéssica Álvarez de 2ºESOC

Ademais todos os participantes terán un premio á colaboración.

A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ:

  • MÉRCORES DÍA 23, DÍA DO LIBRO
  • NO SEGUNDO RECREO
  • NA BIBLIOTECA

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...