20/6/18

Vacacións de LIBRO

Lembrade que na biblioteca hai moitas novidades para o VERÁN!


Agardámosvos!










30/5/18

Enquisa de avaliación da biblioteca

Deixamos nesta entrada a enquisa da avaliación da biblioteca desde curso académico. Agradecemos a vosa colaboración.

21/5/18

Día do Libro 2018

Este ano, para conmemorar o Día do Libro, dende o Departamento de Lingua Castelá e dende a Biblioteca quixemos homenaxear a diferentes escritores e obras da literatura universal. Así naceu a idea do Audiolibro: cada curso do IES Indalecio Pérez Tizón leu un capítulo de La noche en que Frankenstein leyó el Quijote, de Santiago Posteguillo. Neste libro o autor ofrece unha anécdota sobre un escritor ou unha obra da literatura universal, aportando a súa persoal visión sobre elo, sempre dende a profunda admiración, agarimo e respecto polos autores, libros e a literatura.
Aquí podedes escoitar o resultado desta actividade:

1º ESO A: Miguel de Cervantes


1º ESO B: Lewis Carroll




1º ESO C: Cervantes e Mary Shelley

2º ESO A: Sir Walter Scott



2º ESO B: Julio Verne


2º ESO C: Charles Dickens



3º ESO A: Arthur Conan Doyle y su inolvidable Sherlock Holmes



3º ESO B: J. R. R. Tolkien



4º ESO A: José Zorrilla



4º ESO B: Jane Austen



1º BAC A: Alexandre Solzhetnitsyn


1º BAC B: homenaje a Raymond Chandler y a todos aquellos a los que no se les dio la oportunidad de llevar a cabo sus creaciones: ¿cuántas obras de arte quedaron sepultadas bajo quilos de metralla en las trincheras?


2º BAC B: Los soportes de la escritura



Ciclo de Electricidade: homenaje al autor del Lazarillo de Tormes.


Vídeo de Tui Le 18

16/5/18

Letras galegas 18

Cartel para Tui Le 18
María Victoria Moreno Márquez, naceu en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finou en Pontevedra o 22 de novembro de 2005. Foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de lingua castelá no ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas.

En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva ese recoñecemento na historia da celebración.


Exposición da obra de
 María Victoria Moreno
 na Biblioteca.


       
 O alumnado de 1º ESO 
asistiu o venres 11 de maio á 
actividade Tui Le 18,
na Praza de San Fernando en Tui, 
recitando poemas de 
María Victoria Moreno 
do seu poemario 
Elexías de luz.

Exposición de portadas
dos libros da autora

27/4/18

Visita de Sonia Mirón

" A elección da lectura dun libro é coma a elección da variña de Harry Potter. Nós non escollemos o libro, o libro escóllenos a nós"
 Sonia Mirón


Así comezaba o seu relatorio a nosa convidada este 23 de abril, o día no que se homenaxea o libro. Tivemos a sorte de contar no centro coa presenza de Sonia Mirón , unha escritora viguesa de literatura xuvenil que xa conta con dúas obras da súa factura: " Si tu quieres" e " Un sol dentro de mi"
Ademais de comentar ao alumnado de 2º ESO e 3º PMAR diferentes aspectos da construción da súa segunda novela, Sonia charlou con eles e tivo a amabilidade de contestar a todas as nosas preguntas.
Dende o departamento de Lingua Castelá e da Biblioteca queremos agradecelle sinceramente a súa boa disposición e a xentileza que mostrou co noso alumnado e instámoslle a que remate canto antes a súa terceira novela e que volva ao centro a falarnos dela.








28/3/18

BOAS VACACIÓNS E BOAS LECTURAS

Esperando que teñades unhas boas vacacións, dende o equipo da Biblioteca  facémosvos algunhas suxerencias para  manter o hábito da lectura e disfrutar do tempo libre.

Aí van!!



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...